O Muíño das mareas da Seca, en Cambados, xa é Ben de Interese Cultural

A declaración recoñece o valor etnolóxico deste conxunto, aínda que apunta a necesidade de mellorar a súa conservación

  • O Diario Oficial de Galicia desde 26 de setembro recolle a inscrición preventiva do Muíño das mareas da Seca, en Cambados como Ben de Interese Cultural. Tal e como anunciara o Consello da Xunta do día 22, a construción considérase como lugar de...

Ribadumia conversa sobre a literatura e o mar

O II Encontro Literario celébrase este venres e sábado

  • O concello de Ribadumia celebra este venres 26 e sábado 27 o II Encontro Literario, baixo o lema "Literatura e mar". O evento está estruturado ao redor de conversas que versarán, o venres, sobre literatura infantil e xuvenil (Érica Esmorís e Ant...

O Ciclo Tándem pon en diálogo propostas musicais no Teatro Colón

A Deputación da Coruña organiza a iniciativa ao longo do mes de outubro

  • Grande Amore xunto a Verde Pato; Caamaño&Ameixeiras e Sús; Nacho-Faia-Lar e Rita Payés, e Emilio José xunto a Suelen Estar Quartet compoñen o programa da primeira edición do Ciclo Tándem. O Teatro Colón da Coruña acolle ao longo das fins de ...

A Cátedra Carvalho Calero potenciará o estudo da literatura galega contemporánea na USC

O espazo inauguraba oficialmente este 23 de setembro a súa actividade

  • O profesor de Literaturas Lusófonas Carlos Quiroga dirixe a nova Cátedra Institucional Carvalho Calero, que se inauguraba oficialmente este 23 de setembro. A Universidade de Santiago abre este espazo de investigación que pretende seguir as liñas ...

A RAG recoñece o traballo a prol do galego na infancia cun novo galardón

O CEIP Milladoiro de Malpica recibirá o O I Premio Na lingua que eu falo

  • A coincidir coa celebración, este 26 de setembro, do Día Europeo das Linguas, a Real Academia Galega deu a coñecer a resolución do O I Premio Na lingua que eu falo . O CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños foi distinguido con este galardón ...

O ovo e a galiña de santo Estevo do Ermo

A nova intervención nunha antiga capela de Barreiros apunta á antiga e complexa orixe deste espazo mítico da Mariña

  • En santo Estevo do Ermo existiu unha capela e un camposanto, hoxe ocultos baixo capas de terra. Tamén dúas fontes santas e unha espectacular fervenza do río de santo Estevo. Ante a oportunidade de adquirir os terreos nos que a memoria popular reve...

A Pobra do Caramiñal celebra as VIII xornadas de divulgación sobre a súa historia

O encontro A Pobra do Caramiñal no tempo celébrase os días 27 e 28 de setembro

  • Catro conferencias e unha ruta guiada compoñen o programa da VIII xeira de A Pobra do Caramiñal no tempo . As Xornadas de Divulgación sobre a Historia e a Cultura Pobrense que organiza o Concello desenvolveranse os vindeiros 27 e 28 de setembro no...

Diana Teixeira gaña o XIº Premio Literario Nortear

A escritora lusa conquistou o xurado co relato 'Voltar e Não Ser. Memórias de uma raia interior'

  • Diana Teixeira, natural de Felgueiras (Portugal) e de 31 anos, é a gañadora da edición 2025 do Premio Literario Nortear de relato curto para escritores novos. A autora conquistou o xurado co relato 'Voltar e Não Ser. Memórias de uma raia interio...

A cultura do cónsul

Unha xornada no CCG explora as posibilidades da diplomacia cultural en Galicia e reivindica as achegas do pasado

  • "Sempre me chamaron a atención a cantidade de libros sobre Paraguai que hai nas bibliotecas de Vigo ou sobre Uruguai nas da Coruña", explicou Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na USC, durante a xornada Diplomacia e cultura. "Débese a...

As axudas para traducir obras ao galego reparten 83.000 euros entre 64 títulos

Rinoceronte Editora é a firma máis beneficiada, con 27.383 euros

  • O Diario Oficial de Galicia deste 18 de setembro publicaba a resolución das axudas dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas. En total a orde distribuíu 83.902 euros dos 150.000 orzamentados para esta...

Convocan a praza de dirección do Museo de Pontevedra

A Deputación provincial abre un proceso de selección por concurso de méritos

  • O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe a resolución pola cal se convoca o posto de dirección do Museo Provincial de Pontevedra, dependente da Deputación. A apertura deste proceso levará a cubrir dun xeito estable esta praza qu...

Escoitar a Rosalía

A poeta de Padrón conta con Negra sombra como o tema máis gravado da música galega

  • A adaptación musical do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro realizada por Xoán Montes é a canción máis versionada e gravada da música galega. Canda a ela, as adaptacións da poeta de Padrón mantéñense no cumio dos temas máis gravados n...

O legado tamén é dixital

O escritor e tradutor Henrique Harguindey cedeu o seu web Palabras Desconxeladas aos fondos de web histórica do CCG

  • Na breve autobiografía que o profesor, escritor e tradutor Henrique Harguindey (1946-2024) publicou no seu web Palabras desconxeladas , máis da metade do texto está dedicado á súa infancia. Velaí narra dúas anécdotas na que o escritor se deca...

O Museo de Lugo expón o importante legado de Xoán Anllo

A institución provincial amosa unha escolma da colección artística e decorativa legada polo coleccionista

  • O 20 de xaneiro de 2025 o Museo Provincial de Lugo ingresou, por doazón en legado testamentario de Xoán Anllo Vázquez (Cospeito, 1936-Madrid,2023), unha colección de pezas de Belas Artes, Artes Decorativas e Etnografía procedentes de diversas zo...

A Xunta recibe a doazón de 32 cartas inéditas de Curros Enríquez

O legado recolle misivas que o poeta enviou a José Ojea nos últimos anos da súa vida

  • A Cidade da Cultura acollía este xoves 18 de setembro a sinatura da doazón á Xunta de 32 cartas inéditas de Manuel Curros Enríquez. O legado, que inclúe ademais fragmentos doutras misivas incompletas, foi cedido por Emilia García Paadín e cor...

O festival Intersección será punto de encontro de estudantes e profesionais do cinema contemporáneo

A oitava edición ofrecerá sete estreas mundiais entre máis de 100 películas de 17 países

  • O festival Internacional Intersección da Coruña celebrará a súa oitava edición do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países. Desenvolverase en espazos clave da cidade como Cantones Cines, ...

As axudas á tradución apoian versións foráneas de 24 títulos galegos

A convocatoria da Xunta non esgota o crédito e distribúe 34.496 euros entre 11 editoras

  • O Diario Oficial de Galicia deste 18 de setembro recolle a resolución das axudas para traducir a outras linguas obras escritas orixinalmente en galego. A convocatoria beneficiará nesta ocasión 24 títulos de 11 editoras diferentes cun total de 34....

O MARCO asesorará á Zona Franca sobre a súa colección de arte

Asinan un convenio para valorar a compra de obras por parte da entidade económica e levar a cabo proxectos conxuntos

  • Asesoramento para a colección artística de Zona Franca de Vigo, promoción de actividades conxuntas e colaboración en proxectos culturais. Estes son os obxectivos principais do convenio que o Consorcio Zona Franca de Vigo e Fundación MARCO asinar...

Unha xornada presenta os resultados das últimas campañas arqueolóxicas en Lugo

Celebrarase na Delegación da Xunta en Lugo o sábado 4 de outubro

  • A Consellería de Cultura organiza as I Xornadas pedagóxicas de arqueoloxía lucense, co obxectivo de "achegar á cidadanía os coñecementos obtidos durante as últimas intervencións promovidas pola Consellería nalgúns dos xacementos máis singu...

O 65 por cento dos títulos publicados en 2024 estaba en galego

A Consellería de Cultura presentou o seu informe sobre o sector da edición

  • O Consello da Xunta deste 15 de setembro avaliaba onte o informe sobre o sector editorial na comunidade autónoma que encargara a Consellería de Cultura. Segundo recollen estes datos, en 2024 publicáronse no noso país un total de 1.948 títulos, d...