Diana Teixeira, natural de Felgueiras (Portugal) e de 31 anos, é a gañadora da edición 2025 do Premio Literario Nortear de relato curto para escritores novos. A autora conquistou o xurado co relato 'Voltar e Não Ser. Memórias de uma raia interior'. O premio ten unha contÃa de 3.000 euros a obra gañadora publicarase en portugués e galego. Para o xurado, 'Voltar e Não Ser. Memórias de uma raia interior' destacou pola súa "calidade literaria excepcional". O texto "poético e introspectivo combina autenticidade e profundidade, explorando temas como identidade, pertenza e fronteira", aseguran. Estruturada en seis capÃtulos e un epÃlogo, a narrativa "entrelaza autobiografÃa, reflexión cultural e crÃtica social, equilibrando lirismo e rigor narrativo", segundo a acta. O xurado destacou tamén o dominio da linguaxe, a riqueza metafórica e o uso natural do portugués e do galego, salientando pasaxes memorables que fan a obra universal e inesquecible.
Nesta 11ª edición do premio participaron 75 escritores novos da AECT Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. O premio, que combina incentivo económico e publicación bilingüe, reforza o papel do Nortear como referente da creación literaria transfronteiriza. O xurado da edición 2025 estivo presidido por Nuno Almeida, do equipo directivo da AECT Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, e contou coa participación de MarÃa López Sandez, escritora e académica de número da Real Academia Galega; João Ribeiro da Silva, Xefe de división de programación e promoción cultural da CCDR-Norte; Ramón Nicolás, profesor de ensino superior e crÃtico literario; e Carlos Lopes, editor. André Rodrigues, igualmente da AECT Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, exerceu funcións de secretario. O galardón, que está cofinanciado pola Unión Europea a través do INTERREG España-Portugal VI A (POCTEP), é un exemplo de cooperación transfronteiriza en materia cultural en Europa.