O xurado da cuarta edición do Premio Literario Camilo José cela, organizado polo Concello de Padrón, declarou onte gañadora do certame ao relato 'No neghro da ialma', obra de Amalia Blanco Pose. A gañadora, que ten 17 anos e é de Santa Comba presentou un relato do que o xurado quixo destacar a "peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia (xa que a autora engade a gheada e o seseo), e pola súa visión marxinal da sociedade". Segundo os seus membros, "o relato aborda temas cargados de humanidade sen pretender axustarse á corrección política nin buscar agradar, senón simplemente narrar unha verdade con delicadeza e axilidade". O seu texto foi escollido de entre os 123 relatos presentados este ano e levará de premio 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa.
O xurado, presidido polo alcalde de Padrón e responsable da área de Cultura, Anxo Arca, estivo composto por expertos de diversos ámbitos literarios e educativos: Carlos Arias Iglesias, funcionario da Xunta de Galicia e gañador da segunda edición do premio; Beatriz Vázquez Lorenzo, licenciada en Filoloxía Inglesa; Inés Mosquera Calvo, mestra e investigadora no Centro Ramón Piñeiro; Esteban Folgar Brea, profesor de lingua e literatura; Lourdes Regueiro Fernández, licenciada en Filoloxía Hispánica e coordinadora de actividades culturais da Fundación Pública Camilo José Cela; e M.ª Cruz Taboada Álvarez, funcionaria do Concello de Padrón.