Nones Araújo gaña o certame Modesto R. Figueiredo

O concello de Silleda foi anfitrión desta 47ª edición do premio de relato curto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A mestra e escritora Nones Araújo (Riós, 1953) é a gañadora da 47ª edición do Premio de narración curta Modesto Rodríguez Figueiredo, convocado pola Fundación Pedrón de Ouro. O relato "Paseniño... a desmemoria" acadou o favor do xurado entre as 57 obras presentadas este ano ao certame. Segundo a resolución, o relato de Nones Araújo é unha narración "sen artificios, natural e realizada cunha linguaxe de moita calidade". O premio deuse a coñecer no Concello de Silleda, colaborador deste lonxevo certame de carácter itinerante. Nones Araújo é mestra xubilada e ten gañado anteriormente o premio Ánxel Fole de narración curta. A súa obra será premiada con 1.000 euros. O xurado outorgou tamén dous accésit polo relato 'A pérfida gringa', de Mariña Pérez Rei e 'O fado das marafonas', de Xosé Lois Rúa Nuñez. cada un deles levarán 400 euros por este recoñecemento.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nones Araújo, Silleda, Mariña Pérez Rei, Ouro...