Francisco Rozados gaña o certame de narración curta Ánxel Fole

O abade de Forcarei

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor forcaricense Francisco Rozados resultou o gañador do décimo certame de narracións curtas Anxel Fole. O xurado do premio que organiza a Concellería de Cultura de Lugo deu o primeiro premio a Rozados polo relato sobre un monxe de Aciveiro, “O vestiario máxico do abade” e distinguiu cun segundo posto á obra “As 7 tristes notas do meu valse “ da ceense Rocío Leira Castro. O xurado destacou a calidade narrativa, orixinalidade, forza expresiva e técnica revolucionaria da obra gañadora. Do segundo clasificado destacaron o profundo lirismo que transmite. O certame está dotado con dous premios de 1.000 e outros dous de 500 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías, en galego ou castelán. Nesta décima edición presentáronse ao concurso de narración curta 38 obras en galego e 50 en castelán. Os gañadores da modalidade en castelán son de Guadalajara e Alcorcón.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Forcarei, Rocío Leira, Anxel Fole, Rocío Leira...

Claves

Conceptos
Lugares