Alberto Gómez e María Luisa Frisa gañan o Ánxel Fole de narración curta

O premio está dotado con 1.000 euros para cada modalidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Encontros e desencontros é o título do relato co que o compostelán Alberto Gómez acaba de facerse co premio Ánxel Fole de relato curto na modalidade de galego. O xurado destacou do seu traballo que “partindo dun blog crea un conto cunha atractiva tensión narrativa”. Na modalidade de castelán, a vencedora foi Maria Luisa Frisa Gracia por un texto titulado Matar a un hombre que, sitúa a súa historia na Guerra Civil para facer unha homenaxe aos grandes escritores. Cada modaldiade está dotado con 1.000 euros.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Escritores, Guerra Civil