Olladas, de Adelaida Vidal, gaña o XII Premio Risco de Creación Literaria

O premio está dotado con 6.000 euros e a edición do texto

28/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Olladas é o título da novela coa que Adelaida Vidal acaba de facerse co XII premio de narrativa Risco. O xurado destcoau dela “un relato minimalista, cheo de realismo e frescura narrativa; con personaxes moi contemporáneos que apostan polos soños”. O galardón, que convocan a Fundación Vicente Risco e a Editorial Sotelo Blanco, está dotado con 6.000 euros e a publicación da novela.

O xurado estivo composto por Arturo Lezcano Fernández (enviou a súa valoración por escrito) Xulio García Golpe, Constantino Pazos Sobrino, Fernando Méndez e Ánxela Gracián en representación da editorial Sotelo Blanco; actuando como secretario Luís Martínez-Risco Daviña da fundación Vicente Risco, sendo a Presidenta do Xurado a Concelleira de Cultura, Festas e Festival de Cine, Auditorio e Normalización Lingüística, Dona Isabel Pérez González (sen voz nin voto)

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Vicente Risco, Fundación Vicente Risco, Sotelo Blanco...