Xurxo Sierra gaña o Premio Risco de Narración Literaria e Francisco Rozados gaña Manuel Oreste de Narrativa

Premios narrativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A terceira novela de Xurxo Sierra, “Os mércores de Fra”, conseguiu este sábado a unanimidade do xurado da sétima edición do certame convocado polo Concello de Ourense. A obra será proximamente publicada pola editorial Sotelo Blanco e o narrador leva así os seis mil euros do premio por esta narración na que “ a obsesión pola morte transforma a vida do protagonista”, segundo o autor. En Paradela fallouse tamén o Premio Manuel Oreste de poesía e narrativa. Na categoría de narrativa o forcaricense Francisco Rozados gañou o recoñecemento do xurado pola obra “Raiolas no faiado”. Este é o segundo premio de narrativa que Rozados recolle neste mes despois de obter o segundo premio na VIII edición do Certame de Narrativa Ánxel Fole convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo.

Máis información en Faro de Vigo
e na BVG sobre Francisco Rozados

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Poesía, Morte, Sotelo Blanco...