O VIII Premio Ánxel Fole de narración breve vai para o escritor de Guntín Xosé Luís Vázquez Somoza

Narracións breves

O relato “Nube de Seda na Lúa” de Xosé Luís Vázquez Somoza conseguiu superar aos outros corenta e dous relatos presentados en galego para a VIII edición do premio Ánxel Fole de Narrativa Breve convocado polo Concello de Lugo. O escritor, natural de Guntín, ten participado en outros certames de relato breve como o Modesto Figueiredo e poden lerse relatos seus en volumes colectivos como “Paisaxes con palabras (Galaxia, 2001) ou “De soños e memorias” (Espiral Maior, 2003). No segundo posto o xurado recoñeceu a Ramón Noche Fraga, veciño de Lugo, pola obra “Un tinteiro no ceo de inverno”. Na categoría de lingua castelá foron premiados Jaume Calatayud Ventura, de Tarragona, e Manuel Terrín Benavides, de Albacete, en primeiro e segundo lugar respectivamente.

Máis información en Concello de Lugo