Daniel Asorey gaña o Nélida Piñón de Relato

Está convocado polo concello de Cerdedo-Cotobade

12/4/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O profesor e escritor Daniel Asorey, co relato Anatema foi o gañador da II edición do Premio de Relato Breve Nélida Piñón que convoca o concello de Cercedo-Cotobade, xunto coa Xunta e a Deputación de Pontevedra. O relato de Asorey destaca segundo o xurado "pola arquitectura da trama" ambientada nunha Compostela “dunha nova dimensión que transcende a realidade”. Este ano tamén se concederon dous áccesits a relatos de Rosendo Cid e Xesús Fraga.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Daniel Asorey, Cotobade, Cerdedo...