Cerdedo-Cotobade acolle un simposio sobre Nélida Piñón

A Deputación de Pontevedra organiza o encontro este 15 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cerdedo-Cotobade acolle un simposio sobre Nélida Piñón

Cando se fan dous anos do falecemento da escritora galego-brasileira, a Deputación de Pontevedra organiza o simposio Nélida Piñón. A mestizaxe dos soños e do corazón. O Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) acolle a actividade, que se desenvolverá ao longo da mañá do 15 de setembro.

O encontro contará con intervencións do crítico bilbaíno Antonio Maura, da catedrática de Teoría da Literatura salmantina María Ascensión Rivas e do historiador Ramón Villares, que respondeu o discurso de ingreso de Piñón como membro de honra da Real Academia Galega. A xornalista Susana Pedreira correrá coa moderación e no feche actuará a pianista Andrea García.

Segundo lembra a Deputación "Piñón representou a mestizaxe de culturas, conxugando na súa obra a parte espiritual e imaxinativa coa máis terreal. O seu pasado familiar foi clave na conformación dunha autora que sempre reivindicou a súa condición de galega e a lingua dos seus devanceiros, e mantivo unha relación coa provincia de Pontevedra ao vivir dos dez aos doce anos en Cotobade".

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cotobade, Cerdedo, Deputación de Pontevedra, Antonio Fraguas...