Publican en Galicia a versión orixinal de “Vozes do deserto” da brasileira Nélida Piñón mentres Galaxia lle traduce “A república dos soños”

En Galicia, en brasileiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A escritora brasileira e descendente de galegos Nélida Piñón está estes días a presentar no noso país as edicións de dúas das súas obras máis destacadas. Por unha banda Candeia Editora presentaba onte en Compostela “Vozes do deserto” a primeira edición dunha novela escrita en portugués do Brasil feita en Galicia. Pola outra, Galaxia está a presentar a versión en galego de “A república dos soños”, obra de referencia desta autora. A visita tamén foi aproveitada polo Concello de Cotobade para nomear a Nélida Piñón filla adoptiva.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia; máis sobre “A república dos soños” en LG3

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, República, Portugués, Galicia Hoxe...