A escritora de orixe galego Nélida Piñón é distinguida co premio Príncipe de Asturias

Príncipe de Piñón

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Nélida Piñón é o Premio Príncipe de Asturias das Letras 2005, logo de que o xurado valorase que “na súa escrita conflúen diversas tradicións literarias que configuran unha singular teoría da mestizaxe”. Aínda que a escritora naceu en Río de Janeiro é de orixe galega, unha base que recolle na que é considerada a súa obra cumio, “A república dos soños” (que Galaxia vén de editar en galego) na que recrea a historia da súa familia. Nélida Piñón convértese na primeira autora de lingua portuguesa que recibe esta distinción.

Máis información en La Voz de Galicia , El Correo Gallego e La Opinión

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asturias, República, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...