Nélida CuÃñas Piñón naceu en RÃo de Xaneiro no ano 1937 e faleceu este sábado en Lisboa. A escritora, que foi presidenta da Academia Brasileira de Letras e membro de honra da Real Academia Galega desde 2014, era descendente de galegos procedentes de Cotobade e Carballedo (Pontevedra). Daniel CuÃñas CuÃñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente para esta recoñecida escritora. O coñecemento do "mundo galego", como ela mesma sinalaba, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade hÃbrida. Na súa nenez Nélida viaxou a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualificaba este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conservou sempre na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcarÃa parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro 'La república de los sueños' (1984), no que recreaba o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal. A RAG, ao incluÃla como membro de honra recoñecÃa a súa estreita relación co noso paÃs, "acolle un valor singular para a Real Academia Galega non soamente pola reivindicación explÃcita, pública e reiterada, da súa orixe galega, senón por situar a mesma en termos contemporáneos, é dicir, como constituÃnte da súa identidade persoal, expresiva e intercultural", comunicaba entón a Academia, que hoxe fai público o seu fondo pesar pola perda .
A escritora, de longa carreira e ducias de libros publicados, recibiu numerosos galardóns entre os que se pode destacar o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2003) e o Premio PrÃncipe de Asturias das Letras (2005. Licenciada en Xornalismo en 1957 pola Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro, comeza o seu labor como correspondente na revista Mundo Nuevo e a súa colaboración na revista Cadernos Brasileiros. No mundo literario inÃciase coa súa novela 'GuÃa-mapa de Gabriel Arcanjo', publicada en 1961, e segue con publicacións como 'Tempo das frutas' (1966), 'Sala de armas' (1973), Fundador (1969) ou 'A casa da paixão' (1972). Por outra banda, Nélida asume a responsabilidade de dirixir varias institucións, como o Laboratório de Criação Literária da Universidade Federal do Rio de Janeiro (1970) ou a Divisão Cultural do Departamento de Cultura de Estado do Rio de Janeiro, entre outras. Ademais foi membro e profesora de diferentes institucións de carácter internacional. Tal é o caso de Phi Beta Delta Honor Society (1993, Universidade de Miami), o Conselho Nacional dos Direitos da Mulher do Rio de Janeiro ou a Academia de FilosofÃa de Brasil (2006). No ano 2006 a produtora Ibisa TV levou a cabo o documental "Sherezade en Galicia. As palabras de Nélida Piñón"no que fai un percorrido sobre a relación entre Galicia e Brasil a través da biografÃa da escritora.