Xesús Castro estrea o Premio Literario Nélida Piñón

Fíxose cos 6.000 euros do certame polo seu relato O vello e o minotauro

27/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O pastoricense Xesús Castro recollía onte en Cotobade o I Premio de Relato Breve Nélida Piñón. O Concello de Cotobade, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura convocaron este certame como homenaxe á literata brasileira de raíces galegas, que lle entregou persoalmente o trofeo ao gañador. Castro impúxose entre 180 obras que se presentaron ao certame con O vello e o minotauro , "unha reescrita do mito clásico que vencella a Teseo, a voz protagonista, con Ariadna e o Minotauro", segundo explica explica a nota da Consellaría de Cultura. "A atmosfera que recrea o relato vese impregnada dun forte simbolismo e un tecido conceptual e alegórico que consegue deseñar unha arquitectura na que predomina a harmonía, a contención e a dosificación na intriga", conclúe. O relato gañador será publicado nun libro e o seu autor recibirá 6.000 euros en metálico.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cotobade, Arquitectura, Deputación de Pontevedra, Consellería de Cultura...