Jesús Castro Yáñez imponse no Premio Pérez Parallé de Poesía

Os nomes e os himnos reportaralle 1.000 euros ao autor

16/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O XXVIII Premio Nacional de poesía Xosemaría Pérez Parallé ten xa vencedor. Jesús Castro Yáñez, orixinario de Baltar, A Pastoriza, impúxose no certame co poemario Os nomes e os himnos. O xurado do galardón, composto por Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus e Fran Cortegoso, seleccionou a obra deste creador, nado en 1992 e que xa se fixera con outros premios como o de relato breve Nélida Piñón, o Xela Árias ou o Ánxel Casal. Ademais de mil euros en metálico, Castro verá a súa obra publicada na editorial Espiral Maior, que colabora coa organización do certame.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jesús Castro, Jesús Castro Yáñez, Poesía, Estevo Creus...