Amauta Castro impúxose na XXXI Edición do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé

Martiño Maseda faise co VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro de Mondoñedo

12/11/2018 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
Amauta Castro resultou vencedor na XXXI edición do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé. A tarde. O desacougo é o título do poemario co que se impuxo entre as 34 propostas presentadas ao certame que convoca o Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene co apoio do Concello. O xurado desta edición estivo integrado por Manuel Forcadela, Berta Dávila e Míriam Ferradáns, e o vencedor obterá un premio de 2.500 euros en metálico e a publicación da obra pola editorial Espiral Maior. A entrega desenvolverase o vindeiro 17 de novembro ás 20 horas na sede do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade en Fene.
Pola súa banda, Mapa da xeografía emocional é o título da obra que se impuxo na sétima edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que organiza o Concello de Mondoñedo coa colaboración da Deputación de Lugo. O vilalbés Martiño Maseda foi o vencedor deste certame entre ao que se presentaron 100 traballos e obterá o galardón dotado con mil euros en metálico. Alberte Momán, coa obra 1 (14) 1 quedou en segunda posición mentres Jorge Alonso García obtivo o terceiro posto cos seus Documentos do escribente. A entrega dos galardóns realizarase o vindeiro 17 de novembro na Casa do Concello.

Universo culturagalega.gal