Marisol Gándara faise co XXV Premio de Poesía Pérez Parallé

A obra Testamento poético será editada por Espiral Maior

9/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Testamento poético, unha obra con estrutura de cartas poéticas foi o traballo gañador do XXV Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé. A súa autora, Marisol Gándara, recibirá unha escultura conmemorativa e 500 euros en metálico e verá a súa obra editada por Espiral Maior. O certame, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene en colaboración co concello, tivo como xurados a María Rosendo Priego, Dores Tembrás, e Miguel Anxo Fernán Vello. O galardón entregarase o vindeiro 17 de decembro no sede do Círculo Mercantil e Industrial.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Espiral Maior, Dores Tembrás, Xosé María Pérez Parallé...