Regina Touceda gaña o XXXIIº Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

O certame está dirixido a autores sen obra individual publicada previamente

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLinguaPolíticas Culturais
Compartir:

O libro de poesía Deriva de Regina Touceda (Cuntis, 1999) foi o elexido polo xurado do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé como gañador da edición deste ano, que a número 32 deste certame dirixido a autores sen obra individual previamente publicada, como é o caso de Touceda. O Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé foi instituído pola Directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene en 1987 coa vontade explícita de honrar a memoria do Segrel do Penedo. O premio ten unha dotación de 2.500 euros e inclúe a publicación do libro gañador en Espiral Maior.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Espiral Maior, Cuntis, Fene

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares