Carlos Lixó gaña o Premio Pérez Parallé co seu primeiro poemario

Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre é o título da obra galardoada

13/11/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O historiador ribeirán Carlos Lixó Gómez proclamouse vencedor do XXX Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé. O xurado do galardón seleccionou entre as 61 obras que se presentaron ao certame o seu primeiro poemario, Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre como gañador da nova xeira. O libro publicarase na Colección de Poesía Espiral Maior e o autor recibirá 2.000 euros en metálico. Chus Nogueira, Jesús Castro Yáñez e mais María Lado foron os responsables da selección.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Jesús Castro Yáñez, Jesús Castro, María Lado...

Claves

Entidades
Conceptos