O Premio Avilés de Taramancos queda en Noia con Agustín Agra

O relato 'O trebón do norte' gañou na vixésima terceira edición do certame litarario

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Agustín Agra. Foto: Alén Pérez

Agustín Agra. Foto: Alén Pérez

O escritor Agustín Agra (Noia, 1966) ven de gañar o XXIIIº Premio Avilés de Taramancos de Relato de Aventuras, convocado desde o seu propio concello de Noia en honra do tamén escritor noiés que lle dá nome. O relato 'O trebón do norte" acadou o favor dun xurado conformado polo concelleiro José Pérez, Antonio Piñeiro, Ismael Ramos, Ana Romaní e Olga Lombaría, esta última con voz, pero sen voto. O premio consiste nunha estatúa conmemorativa, un premio económico de 3.000 euros e a publicación da obra pola editorial Toxosoutos, tamén de Noia. Agra, profesor e escritor, acumulo varios premios literarios, algúns deles de relato breve.

Que che parece esta nova?
150 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Agra, Avilés de Taramancos, Antonio Piñeiro, Ismael Ramos...