O ano 2023 despediuse resolvendo nos derradeiros dÃas algúns dos premios literarios que aÃnda quedaban por fallar dos convocados no ano. Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) fÃxose co XXIIº Certame Literario de Relato de Aventuras Avilés de Taramancos co texto titulado 'Un inverno frÃo'. O xurado convocado polo Concello de Noia elixiu por unanimidade a obra do escritor de entre as dez presentadas a esta edición do certame. A editorial Toxosoutos publicará este relato que xira en torno ao exiliados a América tras do golpe de estado fascista en 1936. O premio esta dotado cun premio en metálico de tres mil euros.
Seguindo no Barbanza, ao outro lado da serra, na Pobra do Caramiñal o fallo do VIº Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro recaeu en José LuÃs Baños, autor de orixe palentina, que conseguiu o favor do xurado coa obra 'Fóra de xogo'. O certame, promovido polo Concello da Pobra, a editorial Galaxia e a Asociación Cultura Barbantia premiou este relato de entre os cerca de trinta presentados, nel o autor relata unha relación de amizade entre dúas rapazas de Afganistán ñas que une a paixón polo fútbol. O premio está dotado con 3000 euros e a publicación da obra. O galardoado xa resultou distinguido polo Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño con A cámara escura, en 2020, e Lume, en 2022.