O Certame de Relato de Aventuras Avilés de Taramancos queda deserto

O premio ten unha dotación de 3.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xurado do Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, que convocan o Concello de Noia e a revista Casa da Gramática, acordou por unanimidade deixar deserta a súa décimo sexta edición. Deste xeito, ninguén levará os 3.000 con que está dotado o único premio da convocatoria, que inclúe tamén a publicación da obra pola editorial Toxosoutos. O xurado estivo conformado por José Pérez Martínez alcalde de Noia, Mariña Pérez Rei, profesora e escritora, Concepción Allut VIdal, traballadora do Concello, Agustín Agra Barreiro, profesor e escritor, Xosé Lastra Murais, profesor e escritor e Xavier Castro Rodriguez, profesor e codirector da revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Avilés de Taramancos, Mariña Pérez Rei, Agustín Agra, Antón Avilés de Taramancos...