“Cando veña a noite” de David Pérez álzase co premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos

Aventureiros en Noia

A obra “Cando veña a noite” de David Pérez Iglesias foi elixida pola maioría do xurado como a mellor das dezaoito que este ano optaban ao IV premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos. O certame, convocado polo Concello de Noia e a revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar, ten unha dotación económica de tres mil euros e unha escultura de Alfonso Costa. David Pérez, profesor de galego no IES de Porto do Son, xa recibiu hai anos o premio Cidade de Lugo pola obra “Estación Término”. En outra orde de cousas o libro de poemas de Antón Lopo “Libro dos Amados” preséntase hoxe nun acto en Santiago que celebra que esta obra entra dentro da colección Poeta en Compostela editada conxuntamente polo Grupo Correo Gallego e a Concellaría de Cultura e que se distribúe de balde co xornal.

Máis información sobre o premio en El Correo Gallego
e sobre o libro de Antón Lopo en Galicia Hoxe