Premios literarios para os relatos de Mario Franco e os poemas de Berta Dávila

O Avilés maila Avelina

12/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Por segundo ano consecutivo o premio do Certame Literario de Relato de Aventuras Avilés de Taramancos entregaráselle a Mario Franco (Compostela, 1934). O xurado declarou gañadora do certame a obra “A capela maldita”, cuxo argumento xira arredor de diversas lendas do imaxinario galego. O relato conta con ilustracións de Paula Pardela. O escritor gañou este mesmo certame o pasado ano co relato “A derradeira campaña do Capitán Samuel”. No eido da poesía a noiesa Berta Dávila converteuse na nova premiada no certame estradense Avelina Valladares de Poesía coa obra “A auga toda ao teu corpo”. Con vinte anos a autora xa ten no seu palmarés o premio de poesía Minerva. Ademais dos 2.000 euros do premio a obra será publicada por edicións Fervenza.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Berta Dávila, Poemas, Avilés de Taramancos...