Poesía e narrativa reciben os novos premiados nos certames Pérez Parallé e Lueiro Rey

Verso e prosa

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Dous certames literarios veñen de facer público o seu palmarés de obras gañadoras. O septuaxenario Manoel Riveiro resultou gañador do premio Lueiro Rey de novela curta por segunda vez, xa que tamén o gañou en 1998. A obra “Xullo- Agosto”, que narra o principio da Guerra Civil en Ferrol, foi a elixida polo xurado, que tamén quixo destacar a calidade da novela “Licor de abelá”, do vigués Xurxo Sierra Veloso. A décimo oitava edición do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé tamén se resolveu nestes días outorgando ao escritor ferrolán Mario Regueira o seu premio pola obra “Tanxerina”, que introduce un imaxinario poscolonial na poesía galega, segundo valorou o xurado.

Máis información no Galicia Hoxe
e sobre o Lueiro Rey en La Opinión

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Ferrol, Narrativa, Xurxo Sierra Veloso...