Mariña Pérez e Antonio Yáñez levan os premios dos certames literarios Raiña Lupa e Lueiro Rei

Viaxe a Libunca con Canícula

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O VI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Raíña Lupa da Deputación de A Coruña foi para a “Viaxe a Libunca”, do escritor ferrolán Antonio Yáñez Casal, que levará os 6.500 euros do premio segundo veñen de informar os organizadores do certame. Yáñez Casal (Ferrol,1959) xa fóra finalista deste certame literario en dúas ocasións, así como do Premio Merlín de Edicións Xerais. O finalista desta sexta edición é Xerardo Quintiá Pérez pola obra “Ke_Tumba Ke _Tamba”. Sóubose tamén que coa obra titulada “Canícula”, a santiaguesa Mariña Pérez Rei gañou o certame Manuel Lueiro Rei de novela curta. A décimo cuarta edición deste certame convocado polo Concello de O Grove deulle os tres mil euros do premio a esta narración de entre as dezaseis obras presentadas, sinalando como finalista a obra “Aínda”, do vigués Xavier Franco Alonso. Sotelo Blanco Edicións publicará as dúas obras.

Máis información en Galicia Hoxe
e sobre o Premio Raíña Lupa en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Yáñez, Xavier Franco Alonso, Xerardo Quintiá, Mariña Pérez Rei...