O coruñés Breogán Riveiro gaña o premio Raíña Lupa cunha obra que mestura humor e sabedoría popular

Un premio con lupa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
"Tonecho de Rebordechao" é o título co que o coruñés Breogán Riveiro acaba de facerse co premio Raíña Lupa de literatura infantil. Unha obra da que o membro do xurado, Xosé Antón Neira Cruz destacou "a súa aposta pola libertade, a sabedoría popular e o humor, onde priman os valores emocionais sobre os didácticos". O finalista do certame foi o ferrolá Antonio Yánez por "Crisóstomo o alifafaro". O galardón está convocado pola Deputación da Coruña e ten unha contía económica de 6.000 euros.

Máis información en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Breogán Riveiro, Humor, Breogán, Xosé Antón Neira Cruz...