O I Certame Literario Nortear, nado para incentivar a creatividade da mocidade escritora de Galicia e do norte de Portugal, xa ten gañadora. A marinense Lara Dopazo Ruibal impúxose co seu conto Clementina entre os 60 traballos presentados por autores de entre 16 e 36 anos das dúas bandas da raia. O galardón, dotado con 2.000 euros, está promovido pola Consellería de Cultura, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e e mais pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT). O xurado, composto pola directora da AECT, Maria Geraldes, polos escritores Ledicia Costas e Carlos Arias e mais polo editor Carlos Lopes, destacou a beleza da historia, "a través do uso marcadamente literario e persoal da linguaxe, do dominio seguro e orixinal da técnica narrativa e do ritmo da obra, acompañado de dimensión lírica". Os seus membros acordaron tamén outorgar unha mención de honra ao traballo Coração cheio de nada, de João Maria Cardoso.
Lara Dopazo faise co Premio Nortear
A súa obra Clementina impúxose na primeira edición do certame literario
1 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares