Rui Cerqueira gaña o II Premio Literario Nortear

Impúxose con Nós, arquipélago no certame para autores de Galicia e Portugal

20/10/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A segunda edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal foi para Alén Miño. O portugués Rui Cerqueira Coelho impúxose entre os trinta orixinais que se presentaron ao certame coa súa obra Nós, arquipélago. O xurado, composto por Xosé María Lago, Carlos Arias, Antón Riveiro Coello, Olinda Beja, Carlos Lopes e André Rodrigues, valorou "o estilo impecable e potente, e unha narración sólida que harmoniza emocións, vencellos familiares, percepcións sensoriais e evolución psicolóxica cunha gran profundidade". Asimesmo, destacou o manexo da temporalidade, na que "o pasado e a prospección do futuro como baleiro e como misterio difícil de asumir se unen para definir interiormente un ser que toma consciencia da súa existencia e da súa limitación como pulso vital".

O galardón, dotado con 2.000 euros e a publicación da obra, vai dirixido a autores e autoras nados ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, e está organizado pola Direção Regional de Cultura do Norte, a Consellaría de Cultura e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Antón Riveiro Coello, Portugués, Miño...

Claves

Protagonistas
Conceptos