Sara Brandão imponse no Premio Literario Nortear

A súa obra Ver foi seleccionada entre os 31 traballos presentados

19/12/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ver é o título da obra coa que a autora portuguesa Sara Brandão acaba de se facer coa IV Edición do Premio Literario Nortear. O xurado, composto pola directora do Instituto Camões, Carla Sofia Amado, e integrado polo xornalista David Pontes, a escritora galega Paula Carballeira, o escritor galego Armando Requeixo e o editor Carlos Lopes seleccionaron este traballo a destacar a calidade da estruturación da obra así como a súa coherencia textual. En total presentáronse 31 obras a este certame, orientado a autores e autoras de entre 16 e 36 anos e dotado con 2.000 euros de premio.

O premio, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, pola Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal procura "distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as dúas beiras do Miño, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa, e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios", segundo explica a Consellaría de Cultura.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Armando Requeixo, Paula Carballeira, Portugal, Turismo...