Galicia e o Norte de Portugal colaborarán no eido do libro

Desenvolveranse premios e roteiros literarios, así como intercambios bibliográficos

24/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Fomentar o diálogo entre as culturas galega e portuguesa" é, segundo a Consellaría de Cultura o obxectivo do memorando de cooperación que asinaba onte a Xunta de Galicia co Norte de Portugal. O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, o director regional de Cultura do Norte, António Ponte e mais a directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, María Geraldes presentaban onte este acordo que se centra no eido do libro.

No mesmo, prevense medidas como a realización conxunta dunha exposicion anual ou a convocatoria do premio Nortear, dirixido a autores de menos de 36 anos das dúas bandas do Miño. Ademais, desenvolveranse roteiros literarios sobre tres autores representativos de cada rexión e desenvolverase un intercambio de exemplares entre a Biblioteca de Galicia e a Biblioteca da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal. O texto tamén prevé o desenvolvemento dunha acción anual dedicada ao patrimonio inmaterial conxunto.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Norte de Portugal, Portugal, Román Rodríguez, Educación...