Un libro de 120 páxinas dará a coñecer as cidades do Eixo Atlántico

A publicación vencella o Xacobeo 2010 e a Capital Europea da Cultura de Guimarães en 2012

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

As 37 cidades do Eixo Atlántico contan desde onte cunha nova publicación para se promover a nivel internacional. A Xunta de Galicia, o Xacobeo, a entidade de Turismo Porto-Norte de Portugal e o Eixo Atlántico presentaban onte unha guía de 120 páxinas en tres idiomas que se distribuirá en Madrid, Bruxelas, Barcelona e as oficinas de Turismo de Galicia e do Norte de Portugal. Entre outra información, a publicación achega un anexo sobre o Xacobeo no que se recolle, entre outros roteiros de peregrinación, o Camiño Portugués da Costa. O proxecto quere vencellaR a celebración do Xacobeo coa vindeira Capitalidade Europea da Cultura que acollerá Guimarães en 2012.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Eixo Atlántico, Atlántico, Turismo...