O Eixo Atlántico publica unha axenda cultural da eurorrexión que recolle a actividade de dezaoito cidades e vilas

A axenda Eixo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Vigo acolleu onte a presentación da Axenda Cultural do Eixo Atlántico, unha publicación que amosa a actividade de dezaoito cidades e vilas de Galicia e do Norte de Portugal. Sesenta mil exemplares desta revista, publicada polo Eixo Atlántico, xa se distribuíron por oficinas de turismo e polas delegacións de Caixanova da área. No mesmo acto anunciouse que para o vindeiro ano poderá verse unha serie de televisión de dezaoito capítulos sobre o Eixo Atlántico, e que está en marcha unha guía de publicacións.

Máis información en web do Eixo Atlántico e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eixo Atlántico, Atlántico, Guía, Turismo...