Voadora prepara un espectáculo en Guimarães con motivo da capitalidade Cultural Europea

Desenvólvense estes días as actividades da semana de inauguración da festividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ácaban de estrear o seu último espectáculo, Tokyo 3, e o equipo de Voadora ten novos proxectos sobre a mesa. Un deles consiste nunha nova montaxe a partir dun texto clásico que eles reinterpetarán e actualizarán acorde co seu estilo arriscado e innovador. Esta montaxe terá lugar este ano en Guimarães, xa que Voadora foi a única compañía española convidada para producir un espectáculo a propósito da celebración da Capitalidade Cultural Europea 2012. Esta fin de semana arrincaron as actividades de celebración desta efeméride que conta con performances, concertos, exposicións, obradoiros, entre outras. Guimarães comparte coa localidade eslovena de Maribor, a capitalidade cultural europea neste ano.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Voadora, Exposicións

Claves

Entidades