Ás doce da noite do 31 de decembro a Estrela do 2000 deixará de brillar. Con ela apagarase un ano no que Compostela conmemorou con máis de mil actos a Capitalidade Cultural. Un espectáculo que contará co espectáculo pirotécnico de Chistophe Berthonneau, que tamén foi o responsable dos fogos do apóstolo este ano.
Festa de despedida
Para despedir a capitalidade cultural do 2000, o Consorcio de Santiago ten preparado un gran espectáculo. Unha festa que comezará co reparto de uvas e de cava para festexar o fin de ano. Dende as 10:30 os locutores da Radio Galega, Carmela Pardal e Luis Iglesias, un globo sobrevoará a Quintaza lanzando confeti, unha pantalla emitirá os mellores momentos dos eventos de todo o ano, e , e uns bailaríns danzarán sobre a Casa da Conga. Así ata as badaladas que se retransmitirán dende a Berenguela. Unha vez entrado no ano novo durante dez minustos o artista Christopher Bertonnau dirixirá un espectáculo pirotécnico. O mesmo artista que foi o encargado de despedir o ano pasado en París dende a torre Eiffel. Despois, os asistentes ó espectáculo teñen tres opcións: bailar salsa na Praza Roxa, quedarse na Quintana coa orquestra Compostela ou escoitar a gaita de Chus Pato na praza do Toural. Eventos que retransmitirá en directo a TVG.
O relevo de Porto
Así, co remate do ano, Santiago deixa de ser capitalidade europea da cultura. Un título que compartíu durante 365 días con Praga, Reykjavik, Cracovia, Berguen, Aviñón, Bruselas, Helsinki e Bolonia. Agora toma o relevo a cidade de Porto, que comezará a capitalidade cunha festa de inauguración que tamén retransmitirá a TVG, aproveitando a hora de diferencia horaria entre Galicia e Portugal.
2001
Atrás queda un ano cargado de programación cultural que gozou dun presuposto que rondou os 4.000 millóns de pesetas e que programou ata Santiago uns mil actos, con xente, grupos e pensadores de primeiro nivel. Un feito que deixa a programación cultural da cidade de Santiago cun listón ben alto, que obrigou ó compromiso do alcalde para realizar un esforzo das administracións central e autonómica para manter unha programación estable e de calidade.