Compostela lembra a Exposición Rexional nas Festas do Apóstolo

Un espectáculo de Cabaret e un desfile de época recrearán 1909

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O centenario da Exposición Rexional galega deixa a súa pegada nas Festas do Apóstolo. Para alén dos habituais concertos e do espectáculo de fogos de artificio desta noite, o programa dos festexos inclúe unha actuacón de cabaret a cargo da compañía Femme Fatale, que levará os visitantes de volta a 1909. Ademais, un desfile de época con xigantes e cabezudos recreará na tarde do día 25 o ambiente daquela época. Desde entón e ata o vindeiro martes poderá verse cada noite o espectáculo de Femme Fatale onda o único edificio que se conserva daquel evento, tamén na Alameda.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Apóstolo, Santiago de Compostela