O "Círculo de Novos Escritores" achega a Ourense un espectáculo de cabaret

Cabaret

"Ciclo de Novo, Novísimo"; con este título o Círculo de Novos Escritores presenta hoxe en Ourense unha serie de espectáculos que achegarán á cidade das Burgas o mundo do cabaret. Música, show, baile e moito espectáculo encherán durante dous días diversos escenarios da localidade ourensá.

Tres espectáculos



O café "Ollo Ledo", "Café Isaíac" e a Casa da Xuventude de Ourense son os escenarios nos que se desenvolverá o "Ciclo Novo Novísimo". Un ciclo que conta con catro sesións de dúas horas e media de duración e que inclúen un total de tres espectáculos diferentes. A sesión inaugural ten lugar hoxe ás oito co espectáculo "Sandra y Lore" no "Ollo Ledo" ó que segue á actuación músical "Coello de Montxe" no Café Isaac. O espectáculo continúa mañá na casa da Xuventude, onde haberá máis representacións do mundo do cabaret.


Cabaret



Con esta iniciativa preténdese achegar á cidade das Burgar o mundo do espectáculo e do cabaret. Unha iniciativa que parte do coñecemento de que existen diferentes agrupacións, formadas por xente nova, con moito talento e ideas novas, disposta a facerse un sitio dentro do mundo do espectáculo, nas súas diferentes partes. Por iso a programación acolle espectáculos variados de música, teatro e showman.