A NASA presenta o seu programa para outono

Seráns, concertos, cabaret ou a Feira de Artes Escénicas de Galicia fan parte das propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Tony Lomba e Elio dos Santos, a Orquestra de Música Espontánea, The Blows ou Barrence Whitfield son algúns dos conxuntos que achegarán música este outono á programación da Sala NASA, en Compostela. Nos vindeiros meses haberá ademais tempo para festas coma a de presentación, o vindeiro 10 de outubro, a II Festa pola Liberdade (6 de debembro) ou o cabaret da Ultranoite Científica (6,7 e 8 de novembro) e mais de Pepa e Davide Salvado (12,19 e 26 de novembro). Tamén se manteñen citas tradicionais coma os seráns da NASA e resérvase un espazo para actuacións incluídas na Feira de Artes Escénicas de Galicia, entre o 14 e o 17 de outubro.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Feira, Davide Salvado, Sala Nasa...

Claves

Protagonistas
Entidades