Un paseo de oitenta minutos por un auditorio en catro micro-espectáculos

Vigocultura ofrece o Programa 4x4 no Auditorio Municipal con catro compañías e catro disciplinas artísticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Auditorio Municipal . Vigocultura

Auditorio Municipal . Vigocultura

Vigocultura, a programación cultural do Concello de Vigo, presenta esta semana o seu formato 4×4 de microteatro, que sucede e aumenta respecto ao anterior 3x3 pero mantén o concepto. Catro compañías, catro espectáculos de pequeno formato e catro disciplinas artísticas, todo no mesmo sitio, o Auditorio Municipal, pero en distintos espazos, levando a un reducido grupo de espectadores a facer un percorrido de espectáculo en espectáculo durante 80 minutos. Baixo este programa 4x4, os vindeiros días 17 e 18 de marzo a Compañía Cinema Sticado ofrecerá a performance 'Murmurios cuánticos', desde o escenario, mentres que o cabaré posdramático 'Non obstante, life is a cabaret, as you know' de ALOPRO terá lugar no camerino, pasados ao vestíbulo do teatro será o momento da danza contemporánea con ‘Intempestiva’ da compañía Elahood e, xa en La Petite Caravane instala na Praza do rei, ante o teatro chegará o monólogo cómico 'Histriónica!' de Mónica Sueiro.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Danza, Cine...

Claves

Lugares