Vigo presenta a súa programación escénica para o primeiro semestre de 2021

Achegará 22 espectáculos diferentes, entre eles catro estreas mundiais, con funcións duplas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Vigo presenta a súa programación escénica para o primeiro semestre de 2021

Logo de rematar 2020 sen cancelacións de espectáculos por mor da pandemia, o Concello de Vigo presentaba este 20 de xaneiro a programación de Vigocultura para o primeiro semestre do ano. O programa escénico contará con 22 espectáculos de teatro, danza, monicreques e circo ata o vindeiro 1 de maio a achegar funcións duplas para facilitar o acceso ante as reducións de público permitido por mor da pandemia. Entre as propostas que se poderán seguir no auditorio municipal destacan catro estreas absolutas en Galicia. Soga e Cinsa de Aporía Escénica (19 e 20 de febreiro), Anxos abandonados en mosaicos despois do combate de Anómico Teatro (26 e 27), 32m2 de Butacazero (12 e 13 de marzo) e Semente de EME2 Emoción & Arte (21 de marzo).

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, ButacaZero, Concello de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares