O venres arrinca a actividade estable do auditorio municipal de Vigo

É a primeira programación continuada que desenvolve o concello olívico

29/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
23 lecturas | Compartido 0 veces
Son unha compañía madrileña pero os personaxes da súa última montaxe, O título deste espectáculo non é miña nai, achéganse ata Galicia para falar da reencarnación e da vida despois da morte a golpe de humor. Sexpeare é a compañía encargada de inaugurar a programacion estable do reformado Auditorio Municipal de Vigo. Por diante haberá oco para a música, os monólogos, a danza e a maxia. Pero o punto forte da programación deste novo escenario é o teatro no que alén da recuperación do programa Con T de Teatro haberá oco para a semana de Teatro Afeccionado (do 25 ao 31 de outubro). Con este cartel estréase a primeira programación estable do concello, que se desenvolve no auditorio municipal despois da súa reforma.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares