Levántase o pano do FETEGA en O Carballiño

Catro obras teatrais e catro espectáculos de novo circo para a 27 edición do festival

O festival de Teatro Galego do Carballiño chega hoxe á súa 27ª edición sen renunciar aos se distintivo de evento dedicado en exclusiva á produción teatral do país. Nos seus catro días oito compañías amosaran cadansúa proposta escénica ao que haberá que engadir a programación paralela de obradoiros e animación moi ligadas á escena máis circense e contemporánea. Teatro, danza e novo circo conxúganse na obra Encontros de PistaCatro Produtora e a compañía Luscoefusco coa que se abre o festival este ano. Sarabela teatro, Teatro do Morcego, Teatro de Ningures e EME2 serán as compañías que subirán obras as táboas estes días ademais das propostas circenses e de danza das compañías Traspediante, PistaCatro e Desastronauts alén dos xa mencionados Luscoefusco. O peche o porá Xosé Antonio Touriñan co Monólogo do imbécil de EME2 Teatro o venres 9 ás 22:30 horas. As representacións terán lugar no Anfiteatro e no Auditorio Municipal. Como actividade previa o festival countou este luns cunha conferencia sobre "O papel da muller no teatro" moderada polo crítico teatral Camilo Franco, coa participación de Mariana Fernández, Ailén Kendelman Mouzo, Isabel Martínez Risco e Mónica Camaño.

Ligazóns