A décima quinta edición da Mostra de Teatro Infantil (MOTI) do Concello de Ourense, un clásico da programación de Nadal comezará o dÃa 21 e do 26 ao 30 de decembro en diferentes escenarios co obxectivo de ilusionar a mocidade e facela soñar a través do teatro. Baixo o lema "o teu tempo cos nenos é o mellor agasallo", a 15-MOTi presenta 19 espectáculos que se repartirán entre o Campus de Ourense, o Teatro Principal, o Auditorio Municipal e a propia rúa, caso da obra que abrirá o certame este venres 21 desde as 19:00 horas: Moti a culleradas (marchando unha de Moti), a cargo da compañÃa ourensá Trécola Teatro. Música, maxia, danza, monicreques e mesmo grafittis.. son algunhas das variedades do teatro que poderemos ver este ano na MOTI grazas ao traballo de Sarabela teatro, compañÃa organizadora do evento. Ademais de espectáculos da escena teatral galega a Mostra reunirá compañÃas de catro outras comundiades autónomas e tamén de Portugal. O peche o porá a compañÃa galega Elefante Elegante co seu espectáculo Danza da choiva, co cal obtiveron o Premio MarÃa Casares en 2017 ao mellor espectáculo teatral infantil. A recadación das entradas da MOTI no Campus de Ourense irá, un ano máis, para Unicef, entidade que vén de recoñecer Ourense como "cidade amiga da Infancia"