A MOTI non faltará este Nadal á súa cita en Ourense para levarlles as artes escénicas ás nenas e nenos. A Mostra de Teatro Infantil de Ourense, que este ano cumpre a súa maiorÃa de idade, 18 anos ven de presentar o seu programa, que saca adiante a pesares da drástica redución orzamentaria á metade dos anteriores, ao non ter o apoio do Concello da Cidade. O certame consegue volver á palestra con sete espectáculos e nove representacións, de xéneros diversos e para distintos públicos, que se desenvolverán do 27 ao 29 de decembro e o 2 de xaneiro no Teatro Principal e no campus de Ourense. Nesta 18 edición, a mostra conta co patrocinio e apoio da VicerreitorÃa do Campus de Ourense da UVigo; a Deputación de Ourense e Teatro Principal, e Agadic (Xunta de Galicia).
A programación da 18ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense arrancará o luns 27 no Teatro Principal co espectáculo a partir de 6 anos 'Semente. O home que plantaba árbores', da compañÃa Emedous. Este mesmo dÃa o campus de Ourense acollerá a representación no salón de actos do edificio Politécnico do concerto, para nenas e nenos a partir de 3 anos, de A Gramola Gominola 'As que máis molan da Gramola Gominola'. O martes 28 no Teatro Principal representarase o espectáculo 'Nina Ninette', da compañÃa de danza Traspediante, encargada da aula de danza do campus de Ourense. Ese mesmo dÃa, o campus de Ourense, neste caso o Edificio de Ferro, acollerá o espectáculo do Mago Teto 'Alquimia', para público a partir de 5 anos. A programación de 2021 desta edición da Moti rematará o dÃa 29, coa representación no Teatro Principal do espectáculo 'Quixote', da compañÃa Pedras de Cartón, e no Edificio de Ferro do campus de O Tesouro, de Trécola Teatro.
A mostra volverá o dÃa 2 de xaneiro coa estrea no Teatro Principal da obra 'Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!', da Aula Universitaria de Teatro Infantil do Campus de Ourense Geppetto. Destinada a un público a partir de 4 anos, a peza é froito do traballo formativo que durante o primeiro cuadrimestre realizou esta aula nas instalacións universitarias. Con dirección, dramaturxia e espazo escénico de Fina Calleja, a obra céntrase na historia da Irmandade das Bruxas do Bosque de TerragrÃs. Por último, a programación do certame inclúe accións teatrais promocionais de Lacotre Producións. O aforo dos espectáculos estará limitado segundo as normas que rexan no momento da súa celebración e segundo as recomendacións de compañÃas e espazos. As tarifas serán de catro euros no Teatro Principal e de tres na actuación de Geppetto e nas que se celebren no campus de Ourense, destinándose estas últimas á Operación Quilo.