A Mostra de Teatro Infantil de Ourense ofrecerá 18 representacións

A 13ª edición reúne a 16 compañías teatrais entre o 26 e o 30 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
Cartel do evento

Cartel do evento

Ourense aproveita o Nadal para achegar o teatro ao público máis novo a través da Mostra de Teatro infantil que este ano celebra a súa 13ª edición. O evento celebrou onte un pasarrúas de prólogo a cargo de Trécola Teatro e xa na súa programación regular ofrecerá entre os días 26 e 30 deste mes 18 representacións ao cargo de 16 compañías teatrais. O Auditorio, o Teatro Principal e o Campus ourensano acollerán a maioría dos actos. O carácter internacional da Mostra ven dado polas propostas escénicas chegadas de Arxentina e Portugal ás quer se engaden outras de Asturias, Catalunya, Euskadi e Madrid. O programa inclúe ademais de obras de teatro de actores outras moitas actividades escénicas como o clown, maxia, danza, concertos e mesmo un obradoiro de creación de xoguetes e títeres. A representación galega no programa é ampla, encabezada por Magín Blanco e tamén coas compañías EME2, Caramuxo, Ghazafellos, Títeres Alakrán e Entremáns.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Magín Blanco, Nadal...