Nace en Narón Singular, o festival do monólogo teatral

Xosé Antonio Touriñán abre o programa esta fin de semana co Monólogo do imbécil

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Nace en Narón Singular, o festival do monólogo teatral

O Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora Eme2 coordinan a primeira edición de Singular, un novo festival dedicado integramente ao monólogo teatral. O encontro, que se daba a coñecer onte en Compostela, pretende "potenciar as propostas dramáticas unipersoais e misturar a tradición teatral, a innovación dramatúrxica e os alicerces do monólogo humorístico". José Antonio Touriñán abre o programa esta fin de semana con dúas sesións do Monólogo do imbécil os días 1 e 2, unha estrea que continuará en vindeiras datas xira por Galicia. A cita continuará o día 8 con Arte de las putas, una historia 
de amor a cargo de José L. Esteban, Celso Sanmartín o 15 de abril e Riki López con Me tengo contento o día 22 deste mesmo mes.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Antonio Touriñán, Xosé Antonio Touriñán, Concello de Narón, Santiago de Compostela