O festival Singular de monólogos fai dez xeiras en Narón

Desenvólvese entre o 7 e o 30 de marzo con doce espectáculos en programa

Este 7 de marzo abre as súas portas no Pazo da Cultura o X Festival Internacional de Monólogo Teatral Singular. Narón acolle ata o vindeiro 30 de marzo a nova xeira do encontro, que conta con doce espectáculos, a incluír as propostas internacionais da arxentina arxentina Julieta Daga e da cubana Beatriz Viñas.

Canda a elas, figuras como Toni Costa, Diego Anido, que achega O Deus do Pop, o seu quinto espectáculo en solitario ou Manuela Varela , quen leva a escena a infancia de Luísa Villalta, ocuparán as primeiras xornadas do evento. Elefante Elegante, con Kyoki, Patricia de Lorenzo, de Chévere con Pequenas mentiras para contar grandes verdades, Alberto San Juan, ou Atenea García fan parte tamén dun programa que completan Luis Bermejo, Cris de Caldas e AXanela Do Maxin.

Canda á programación escénica, o Singular achega un seminario de clown a cargo de Julieta Daga, obradoiros de teatro de Beatriz Viñas, unha asemblea da Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas (Redelae) e unha mesa redonda sobre a programación en Galicia de espectáculos internacionais. Ademais, organizarase unha rolda de negocios que reunirá dezaseis representantes de festivais internacionais con outras tantas compañías galegas en encontros exprés.