Narón acolle unha nova edición do Festival Singular

O encontro internacional de monólogo desenvólvese entre o 7 e o 23 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Narón acolle unha nova edición do Festival Singular

Señora de rojo sobre fondo gris, con José Sacristán abre este 7 de marzo a nova edición do Festival Singular en Narón. O encontro internacional de monólogos desenvólvese ata o vindeiro 23 de marzo coas actuacións de Helena, xuízo a unha lurpia, de Teatro do Atlántico, Olympia, con Ângela Mourâo, Guerra de identidade, interpretado por Déborah Vukusic, Autorretrato de un joven capitalista español, de Alberto San Juan, O estado cru da galega Iria Sobrado e La ciudad de las damas, da cubana Dayana Contreras.

O programa inclúe tamén unha mesa redonda sobre "Circulación internacional de espectáculos teatrais" o día 13 de marzo, ou o Singulariño, que achega a locais da cidade monólogo feitos especificamente apra este evento no marco da Escola de Teatro de Narón.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narón, Teatro, Identidade, Guerra...