Bota a andar o VI Festival Internacional do monólogo teatral Singular

O programa desenvólvese ao longo das fins de semana de marzo en Narón

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Bota a andar o VI Festival Internacional do monólogo teatral Singular

O Pazo da Cultura de Narón acolle desde este 4 de marzo a sexta xeira do Festival Internacional do monólogo teatral Singular. A galardoada actriz Magüi Mira abrirá o programa a se pór na pel Molly Bloom, mentres este sábado será Quico Cadaval o encargado de levar a escena o seu Complexo de Edipo.

A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro, correrá coa función de domingo. A partir de aí o festival continuará ao longo das fins de semana deste mes ata completar un total de doce monólogos, incluír tres funcións de carácter infantil.

Lucía Trentini, a premio Goya Blanca Portillo, Larraitz Urruzola, Empatía Teatro, Dayana Contreras, Xarope Zulú, com dúas montaxes, Déborah Vukusic e Isabel Risco completan os nomes da programación para todas as idades, que abrangue xéneros como o teatro ou os títeres e que nalgúns casos mesmo incorpora música ao vivo.

De xeito paralelo ao programa da actuacións, o festival recolle un encontro entre profesionais da programación cultural estatal e internacional membros de Redelae con compañías de teatro galegas, ademais dunha mesa redonda sobre "Circulación Internacional de Espectáculos Teatrais" na que participarán Gustavo Zidan (Uruguai), Octavio Arbelaiz (Colombia) e Zaida Sánchez (Costa Rica).

Programa do VI Festival Singular

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Quico Cadaval, Pazo da Cultura de Narón, Teatro, Montaxes...